Noticias

Proxecto ” Achegándonos”

Actividades de promoción da autonimía persoal:Acompañamento, formación, psicomotricidade e ocio inclusivo.

O proxecto “ACHEGANDONOS” é un proxecto financiado pola Consellería de Política Social do Concello de Vigo. O proxecto ven a complementar os servizos e atender ás necesidades detectadas polo equipo profesional do Programa “Ao seu lado” desenvolto con colaboración coa Fundación Galega para a tutela de persoas adultas na cidade de Vigo.

O obxectivo que persegue  este  proxecto é conservar, adestrar e manter as capacidades cognitivas e psicomotrices de cada persoa usuaria, promovendo a súa autonomía física, psíquica e social;  a través do acompañamento e da vivencia de experiencias satisfactorias e pracenteiras a través de intervención formativas grupais e actividades de ocio inclusivo. Pretendese con él romper a cadea de sedentarismo e illamento e ofrecer alternativas e oportunidades adaptadas ás particulares circunstancias das persoas tuteladas atendidas no programa “Ao seu lado”.

Comenta