“A finalidade do proxecto “Construimos a casa dos sentidos” é a mellora da calidade da atención prestada aos nenos e nenas que conviven na Casa de Familia Aldaba-Vilagarcía creando un ambiente estable, accesible e eficaz que favoreza o seu desenvolvemento integral (físico, psíquico e social), contando co equipamento e materiais axeitados ás súas necesidades.
Os seus obxectivos son:
- Asegurar a protección dos/as nenos, nenas e adolescentes residentes proporcionándolle unha estabilidade física e emocional que lles permita desenvolverse como persoas e adquirir destrezas persoais e habilidades sociais que lles capaciten para unha plena integración social.
- Promover a mellora do servizo de atención asistencial e social que se está prestando aos nenos, nenas e adolescentes tutelados ou en situación de garda residentes na casa de Familia Aldaba-Vilagarcía
- Minimizar o impacto emocional que ten sobre os nenos, nenas e adolescentes a estancia nun centro residencial.
As actuacións a desenvolver con este proxecto de equipamento e mellora da casa de familia son:
- Equipamento de Mobiliario
- Equipamento de material informático, electrónico e comunicacións
- Equipamento de productos de lencería de fogar
Este proxecto iniciose en Outubro de 2018 e remata a finais de Novembro de 2018.
A subvención foi concedida pola Consellería de PolÍtica Social da Xunta de Galicia, dentro da convocatoria para o ano 2018, de concesión de axudas para a inversión na mellora das infraestructuras e do equipamiento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020, Unha maneira de facer Europa.”
Operación cofinanciada por la Unión Europea
Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
Una manera de hacer Europa
Comenta