Noticias

Construimos la casa de los sentidos

Casa de Familia Aldaba

É un proxecto de reforma integral e mellora das instalacions da Casa de Familia Aldaba-Villagarcía.

A súa finalidade é a mellora da calidade da atención prestada aos nenos e nenas que conviven nela creando un ambiente estable, accesible e eficaz que favoreza o seu desenvolvemento integral (físico, psíquico e social), levando a cabo para elo obras de mellora da infraestructura.

Entre os nosos obxectivos ao acometer esta reforma están:

  • Asegurar a protección dos nenos e nenas residentes proporcionándolle a estabilidade física e emocional que lles permita desenvolverse como persoas e adquirir destrezas persoais e habilidades sociais que os capaciten para a súa plena integración social, así como minimizar o impacto emocional que ten sobre os menores a estancia nun centro residencial.
  • Adaptar as estancias do recurso á mirada dos nenos e nenas, dándolles un enfoque educativo para que estas axuden a cumplir a función que este recurso debe ofrecerlles aos residentes. Todo eso contando coa súa participación e atendendo as súas circunstancias persoais e déficits a nivel intelectual, afectivo e social que estos poidan presentar.
  • Facer da Casa de Familia un recurso motivador, estimulador dos sentidos adaptando os espacios ás funcións que deben cumplir, utilizando técnicas de colorterapia, aromaterapia, psicomotricidade e rehabilitadoras.

As accións desenvolvidas con este proyecto foron:

  • Pintura e revestimentos decorativos en toda a vivenda.
  • Acondicionamiento e accesibilidade dun baño
  • Acondicionamiento da sala de psicomotricidade
  • Sustitución e mellora de pavimento suelos

Este proyecto iniciouse en Outubro e finaliza en Novembro 2017.

Para o desenvolvemento deste proxecto contouse coa axuda financieira da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións para a inversión na mellora das infraestructuras e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

 

Operación cofinanciada pola Unión Europea

Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020

Unha maneira de facer Europa

Comenta